O dispositivo sanitario do Xacobeo 2010 atendeu a máis de 3.600 peregrinos
A titular do departamento sanitario da Xunta de Galicia, Pilar Farjas Abadía, achegouse á Casa do Deán, na zona do casco histórico de Santiago, para coñecer, de primeira man, os servizos que están a disposición dos peregrinos que se acheguen ante a necesidade de asistencia sanitaria. Leer más
La cirugía general podría estar relacionada con con la enfermedad de Creutzfeldt-Jakob
Un nuevo estudio liderado por científicos españoles demuestra la relación causal entre la aparición de la enfermedad de Creutzfeldt-Jakob (ECJ), producida por una proteína llamada prión, y la cirugía general. La ECJ se manifiesta en formas hereditarias, adquiridas y esporádicas o de causa desconocida, que constituyen la mayor parte de los casos.
Sete de cada dez galegos utilizan a receita electrónica
Actualmente 286 centros de saúde emiten receitas electrónicas en Galicia e hai 1.233 farmacias conectadas que as utilizan. Isto supón que o 71% dos cidadáns estanse a beneficiar xa das vantaxes da e-receita, segundo explicou hoxe a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, quen participou nunha mesa redonda sobre as novas tecnoloxías da comunicación (TIC) ao servizo do enfermo crónico no marco dunha xornada sobre a implicación do facultativo e as TIC como claves para o desenvolvemento dun novo modelo sanitario orientado a crónicos.
Galicia facilitará as probas rápidas de detección do VIH
“Galicia ten previsto empezar, nos próximos meses, un programa de facilitación das probas rápidas de detección do VIH, coa fin de contribuír a fomentar o diagnóstico precoz, ademais de sensibilizar á cidadanía sobre o perigo do abandono das medidas preventivas cando existen prácticas de risco”. Estas palabras foron pronunciadas hoxe pola conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, no acto de inauguración do XIII Congreso Nacional da Sida, que se celebra na capital de Galicia.
Galicia é unha das comunidades que máis sangue doa
A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, salientou hoxe o carácter solidario dos galegos co gallo da conmemoración do Día Mundial do Doador de Sangue, e destacou que, grazas a eles, Galicia supera en seis puntos a media nacional de doazón de España.


